Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanmartín suma o apoio de Compostela Aberta, que votará en asemblea se entra no goberno municipal

Sanmartín suma o apoio de Compostela Aberta, que votará en asemblea se entra no goberno municipal

A candidata do BNG cre que a situación é moi diferente á de 2015, cando os nacionalistas rexeitaron entrar no Concello con Martiño Noriega de alcalde

G24.gal 02/06/2023 15:17

Goretti Sanmartín dá por feito que será alcaldesa de Santiago. Xa tiña o apoio dos seis edís socialistas, e agora confirman tamén que a apoiarán os dous concelleiros de Compostela Aberta. A formación que lidera María Rozas vai decidir en asemblea se se incorpora ao goberno municipal tripartito que propoñen os nacionalistas.

A candidata do BNG cre que o escenario é moi diferente ao de 2015, cando o seu partido rexeitou entrar na corporación de Martiño Noriega, que gobernou en solitario con dez edís. "Naqueles momentos había unha diferenza moi grande, 10-2. Hai moitísimas máis urxencias a nivel político en xeral e en Santiago que fan neste momento concreto absolutamente necesario que todo o mundo rememos na mesma dirección", asegurou.

A cabeza de lista de Compostela Aberta adiantou: "Somos coñecidas pola nosa capacidade de diálogo e de chegar a acordos. Nun papel ou outro, que determinará a asemblea, Compostela Aberta sempre será responsable para que en Santiago se fagan políticas progresistas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade