Cargando resultados...
Grande-Marlaska preside en Vilaboa a entrega do premios de seguridade escolar
Grande-Marlaska preside en Vilaboa a entrega do premios de seguridade escolar
Os galardóns recoñecen o traballo na prevención do acoso e da delincuencia no ámbito educativo
G24.gal
06/06/2024 14:30
O ministro do Interior e o conselleiro de Educación entregaron no concello pontevedrés de Vilaboa os premios de seguridade escolar. Estes galardóns recoñecen o papel dos colexios, os docentes e as forzas de seguridade na prevención do acoso e da delincuencia no ámbito educativo.
Entre os premiados estaban os anfitrións, o Colexio Público Integrado do Toural, que xa suma varios recoñecementos neste ámbito. Grande-Marlaska destacou esta traxectoria: "Quero agradecer ao CPI do Toural este traballo tan esencial na educación. A agresividade, a violencia, o bullying... como atallalo".