Granxas avícolas e porcinas temen o desabastecemento pola folga
Granxas avícolas e porcinas temen o desabastecemento pola folga
Visitamos unha granxa á que só lle queda penso para a fin de semana
Juan Serrano é moitas cousas. É o exalcalde de Portomarín, é senador e tamén é gandeiro dende que tiña 16 anos e comezou a traballar nunha explotación avícola que montou canda o seu pai e que agora acaba de traspasarlle ao seu fillo.
E, como gandeiro, Juan Serrano tamén é un home cheo de desesperanza e incertezas porque non sabe se os 300.000 polos que ten nas súas explotacións terán que comer pasado mañá.
Comproba os silos do penso e varios deles xa soan a baleiro. Canto menos penso hai maior é o seu enfado e o seu desacougo.
A estes polos fáltalles pouco para facer o mes. Consomen diariamente 70.000 quilos de penso. Esa é a preocupación inmediata. A curto prazo a angustia é que facer cos animais se se para a cadea de produción, pecha o matadoiro, e non os poden sacrificar.