Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cervantes recupera a súa feira enxalzando o gandeiro da montaña

Cervantes recupera a súa feira enxalzando o gandeiro da montaña

O concello dos Ancares consolida unha tradición que esmorecera no 1985
 

G24.gal 11/05/2024 14:47 Última actualización 11/05/2024 15:09

Malia a treboada que caeu a primeira hora da mañá en Cervantes, estase celebrando este sábado en San Román a Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña, un encontro no que os tratantes poñen á venda os mellores exemplares de rubia galega e asturiana.

Con este encontro recupérase a tradición das feiras neste municipio dos Ancares, onde levaban dende o século pasado sen celebralas.

Á dificultade que supón o manexo do gando, uniuse esta mañá o estado do Campo de San Román, por mor do lameiro que se formou co torbón que caeu a primeira hora.

Ao final quedaron expostas unhas 220 reses. Algúns exemplares chamaron a atención, como Farruco, un boi manso e moi bo de gobernar que tamén estaba á venda.

Tamén se expoñen ovellas, cabalos e burros. Esta feira é moi importante na montaña. A carón do recinto concéntranse os postos de venda.

Música en directo, poxa de becerros ou ferreiros traballando á vista son outros alicientes para visitar o concello esta fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar