Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os incendios que rodean Atenas arrasaron xa ducias de vivendas

Os incendios que rodean Atenas arrasaron xa ducias de vivendas

As altas temperaturas e o forte ventos dificultan as operacións de extinción

G24.gal 19/07/2023 15:59

Grecia segue loitando cos grandes incendios declarados preto de Atenas. Os grandes incendios ao oeste da capital grega xa arrasaron miles de hectáreas, decenas de casas e coches. 

Miles de persoas xa foron desaloxadas das súas casas. O incendio preto da localidade de Mandra, a 30 quilómetros de Atenas, é o que máis preocupa, xa que continúa descontrolado. Ademais, as altas temperaturas e os fortes ventos dificultan as tarefas de extinción. Deste xeito, o lume tamén ameaza vivendas da localidade costeira de Nea Peramos. O outro incendio ao oeste de Atenas leva tres días ameazando a vila costeira de Lutraki. 

Os bombeiros traballan pola noite para evitar que as lapas cheguen a unhas refinerías da zona. Grecia xa está recibindo axuda doutros países, xa que a situación de incendios esténdese por diferentes puntos do país. A primeira axuda vén de parte de Romanía con camións, un avión e máis de 40 efectivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade