Griñán evita entrar no cárcere a falta dun informe médico
Griñán evita entrar no cárcere a falta dun informe médico
A Audiencia de Sevilla está pendente dun informe do Instituto de Medicina Legal para determinar se o tratamento que recibe o expresidente andaluz é compatible coa estancia no cárcere
José Antonio Griñán, o que foi presidente socialista da Junta de Andalucía, evitou, polo momento, entrar no cárcere. Está condenado a seis de prisión por malversación pola concesión irregular de axudas dos ERE por 680 millóns de euros.
De momento, Grián conseguiu atrasar o seu ingreso ao alegar que ten un cancro de próstata. A Audiencia de Sevilla está pendente dun informe do Instituto de Medicina Legal para determinar se o tratamento que recibe o expresidente andaluz é compatible coa estancia no cárcere.
Quen si entraron nas últimas horas foron o exconselleiro de Emprego, José Antonio Viera, condenado a sete anos, e a exconselleira de Facenda, Carmen Martínez Aguayo, condenada a seis.