Publicador de contidos
Publicador de contidos

Grupos folclóricos de varios países renden homenaxe en Ourense ao profesor José Antonio Viñas

Grupos folclóricos de varios países renden homenaxe en Ourense ao profesor José Antonio Viñas

A partir deste ano o festival internacional Caravan levará o seu nome

G24.gal 15/06/2023 21:27

Grupos folclóricos de varios países viaxaron ata Ourense para renderlle homenaxe a todo un referente da música tradicional, o profesor José Antonio Viñas, falecido prematuramente hai menos de dous anos.

A primeira actuación desta nova edición do festival internacional Caravan de grupos folclóricos celebrouse no balneario ourensán de Laias.

A partir deste ano o festival vai levar o nome de José Antonio Viñas, ese ourensán respectado en todo o mundo pola súa achega á conservación do folclore e da música tradicional.

Ata Laias desprazáronse grupos de Israel, Romanía, Francia e Italia.

Ademais das actuacións, van visitar lugares emblemáticos da provincia, como a Ribeira Sacra, para coñecer tamén o patrimonio natural e arquitectónico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade