Guerra de descontos nas gasolineiras pola alza dos prezos
Guerra de descontos nas gasolineiras pola alza dos prezos
Tras sete semanas consecutivas de subas nos prezos dos carburantes, as petroleiras lanzan descontos para atraer os clientes
Unha das grandes petroleiras acaba de anunciar rebaixas de ata corenta céntimos por litro de combustible
A escalada dos prezos intensifica a batalla polos clientes nas gasolineiras.
As compañías tratan de adiantarse aos seus competidores con descontos de ata corenta céntimos por litro. Tras semanas de subas consecutivas os usuarios xa pagan a gasolina un 7,3 por cento máis cara que a principios do verán e un once por cento no caso do gasóleo.
A esta guerra de prezos entre as grandes petroleiras súmanse as coñecidas como gasolineiras de baixo custo, con prezos moi competitivos.
Desde o sector alertan de que esta situación está a provocar o peche das estacións de servizo.
Os expertos prevén que a tendencia á alza dos prezos continúe durante as próximas semanas.