Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hábitos de consumo responsable: medra o interese polos alimentos a granel

Hábitos de consumo responsable: medra o interese polos alimentos a granel

Alimentos naturais, ecolóxicos e de proximidade integran a oferta de vendas a granel

G24.gal 12/06/2023 22:15

Mercar ao peso e sen envases figura entre as principais razóns de quen elixe a opción de compra de alimentos a granel.

"Así como tras a COVID-19 a xente parou un pouco a compra destes produtos porque mudou os seus hábitos de consumo, agora vemos que está en alza", indica Laura Naveira, responsable da tenda Cos pés na terra, situada no barrio dos Rosais da cidade da Coruña.  

Noutra tenda, a meirande parte dos alimentos que se venden a granel son produtos básicos, coma fariñas, pasta, legumes, especias. Edgar Puñal traballa como dependente na tenda.

O recuncho a granel destaca: "Temos legumes nacionais, non de fóra. Se vas ao supermercado seguramente sexan garavanzos de México ou USA, aquí son de Castela".  

Nas tendas especializadas aseguran que este xeito de mercar favorece un consumo responsable que volve gañar aceptación.

Engade Edgar Puñal: "Se necesitas 300 gramos ou 50, podes levar o que queiras. Non hai límites. Non se empregan envases de plástico, podes traer os teus botes, as túas propias bolsas". 

Laura Naveira engade: "Penso que a xente está máis preocupada polo que consome, pola calidade e por ter a máxima información posible sobre todo dos alimentos que consome".

Alimentos naturais, ecolóxicos e de proximidade integran a oferta de vendas a granel.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade