Publicador de contidos
Publicador de contidos

Helton Leite: "Coñecía a historia do Dépor, un club moi respectado e coñecido no Brasil"

Helton Leite: "Coñecía a historia do Dépor, un club moi respectado e coñecido no Brasil"

O porteiro chega á entidade branca e azul como axente libre, tras terminar a súa vinculación co Antalyaspor da Süper Lig, a primeira turca

Tamén xogou no Benfica e no Boavista

G24.gal 13/08/2024 13:43 Última actualización 13/08/2024 13:49

O Deportivo pecha a súa portería coa incorporación do gardameta brasileiro Helton Leite, que ficha por dúas temporadas e que hoxe xa traballou en Abegondo. O porteiro, de 1,96 e 33 anos de idade, chega á entidade branca e azul como axente libre, tras terminar a súa vinculación co Antalyaspor da Süper Lig, a primeira turca.

Co cadro otomán disputou a campaña pasada 34 partidos, con 7 porterías a cero, ademais dun partido na Copa de Turquía, nos oitavos de final, ante o Besiktas, no que o seu equipo foi apeado da competición.

"O meu obxectivo era volver a Europa, a un gran club e a unha gran competición".

"Coñecía a historia do Deportivo, un club moi respectado e coñecido no Brasil. Por iso a decisión foi moi fácil".

En 2018 chegou ao fútbol portugués, concretamente ao Boavista da Primeira portuguesa. E foi aí onde viviu os seus mellores días como gardameta. Especialmente meritoria foi a súa segunda campaña, a 2019-20. Aínda que o cadro luso coqueteaba co descenso, Helton asinou unha moi boa campaña baixo paus e foi un dos seteiros que menos encaixou (25 goles en 20 partidos).

As súas actuacións chamaron a atención do Benfica, que o fichou na campaña 2020-21 e atouno cun contrato longo, de cinco campañas. No histórico club lisboeta coincidiría co exbranquiazul Pizzi.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar