Cargando resultados...
Homenaxe a Castelao en Bonaval no 73 aniversario do seu pasamento
Homenaxe a Castelao en Bonaval no 73 aniversario do seu pasamento
A fundación que leva o seu nome organizou un acto no Panteón de Ilustres de Galicia, en Santiago
Castelao faleceu hai 73 anos en Bos Aires
G24.gal
07/01/2023 13:11
Última actualización 07/01/2023 15:00
Tal día coma hoxe, un 7 de xaneiro de 1950, morría en Bos Aires o intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Para conmemorar esta data, a Fundación que leva o seu nome organizou un acto de homenaxe no Panteón de Ilustres de Galicia, na igrexa de San Domingos de Bonaval.
Ademais dunha ofrenda floral, houbo varias intervencións e música para lembrar o político, escritor, investigador, conferenciante, articulista, debuxante e coordinador do Seminario de Estudos Galegos.
Membro fundador do Partido Galeguista, o seu traballo foi decisivo na unificación e consolidación do nacionalismo galego e na promoción do Estatuto de Autonomía.
Momento da homenaxe