Cargando resultados...
Homenaxe a Ramón Sampedro no Día da Morte Digna
Homenaxe a Ramón Sampedro no Día da Morte Digna
Familia e amigos lembrárono con flores e música na praia das Furnas
G24.gal
16/01/2022 16:58
Amigos e familiares de Ramón Sampedro volveron este domingo á praia das Furnas. Neses cantís de Xuño, en Porto do Son, tiraron caraveis ao mar para conmemorar o día da morte digna.
Igual ca en anos anteriores, queren manter viva a memoria dun home que loitou durante anos polo dereito a morrer dignamente.
Este ano volveron facelo ao pé do Atlántico, con flores e música para lembrar a Ramón Sampedro. El foi, segundo os asistentes, un dos que máis loitou pola lei de eutanasia no noso país.