Homenaxe aos galegos que traballaron no canal de Panamá
Homenaxe aos galegos que traballaron no canal de Panamá
O Goberno panameño celebrou un acto para renderlles unha homenaxe póstuma
A Fundación Terra Nosa traballa nunha escultura conmemorativa co apoio da Xunta
O secretario xeral de Emigración eloxiou o recoñecemento do traballo do pobo galego
Máis de 8.000 galegos participaron a principios do século pasado na construción do canal de Panamá, unha obra de enxeñería clave para o desenvolvemento do comercio mundial.
Panamá celebrou un acto para renderlles unha homenaxe póstuma a todos estes traballadores. Unha unión de pobos que logrou enlazar dous oceános, iso si, á custa de traballar en condicións extremas.
A Fundación Nosa Terra, co apoio da Xunta de Galicia, conta cun proxecto para facer un monumento á entrada do canal que recorde a man dos galegos neste fito histórico.
Un traballo recoñecido para sempre coa escultura en bronce e pedra galega que se colocará na calzada de Amador, unha das vías máis simbólicas do país.