Publicador de contidos
Publicador de contidos

Homenaxe en memoria do médico e político José García Buitrón

Homenaxe en memoria do médico e político José García Buitrón

O acto, convocado por Podemos Galicia, reuniu amizades e compañeiros de profesión

Yolanda Díaz destacou a súa calidade humana e o seu compromiso social e político

G24.gal 08/10/2022 14:08 Última actualización 08/10/2022 14:22

O paraninfo da Universidade da Coruña acolleu unha homenaxe sentida ao doutor José García Buitrón, que faleceu de xeito inesperado o dezasete de setembro.

O acto convocouno Podemos Galicia, a formación na que desenvolveu a súa actividade política nos últimos anos, e reuniu moitas amizades e compañeiros de profesión do que no seu día foi xerente e coordinador de transplantes do CHUAC.

Entre os asistentes, a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, amiga persoal de García Buitrón, destacou o seu carácter alegre e apaixonado e o seu fondo compromiso social e político.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade