Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hospitalizado un veciño de Tomiño de 78 anos tras ser atacado por avespas

Hospitalizado un veciño de Tomiño de 78 anos tras ser atacado por avespas

O 061 mobilizou dúas ambulancias de soporte vital básico e o helicóptero medicalizado con base en Ourense, pero finalmente non foi necesario

G24.gal 03/06/2022 10:09

Os servizos de emerxencia trasladaron ata o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo un veciño de Tomiño de 78 anos afectado por picaduras de avespa.

O 112 recibiu unha chamada de emerxencia dunha persoa que non tiña moita información sobre o suceso, pero os servizos de emerxencia localizárono na zona do monte Valiña.

O 061 mobilizou dúas ambulancias de soporte vital básico e o helicóptero medicalizado con base en Ourense, pero finalmente non foi necesario.

Os profesionais desprazados en ambulancia fixéronse cargo do home e, tras darlle unha primeira asistencia, trasladárono ata o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade