Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hoteis e restaurantes colgan para esta fin de ano o cartel de completo en Galicia

Hoteis e restaurantes colgan para esta fin de ano o cartel de completo en Galicia

A hostalería prepárase para a mellor Noitevella

O sector recupera a ilusión con cifras de ocupación altas, moitos están completos dende hai semanas.

Os restaurantes prepáranse para a Noitevella
G24.gal 30/12/2022 15:11 Última actualización 30/12/2022 19:43

"Despois de dous anos complicados, pois sempre é unha ilusión e unha alegría poder volver a celebrar a noite de fin de ano".

"Moita, moita ilusión de volver a celebrar", comentan os hostaleiros.

O sector da hostalería e a restauración vai despedir o ano con máis ilusión ca nunca. Os clientes responderon tan ben que resulta difícil atopar prazas libres.

"Estamos a tope, xa antes do día de Nadal estabamos completos, e moi contentos", comparte Óscar Coral, xerente do restaurante Los Robles.

"Agora cuartos xa non quedan, se houbese alguén que viñese agora a última hora pois xa teriamos que desprazalo a outro hotel", conta Manuel Vidal, director do Grupo Scala.

 "A previsión é moi boa, este ano temos uns 250 comensais para a cea de gala e temos máis ou menos un 70 % de ocupación. Notamos que hai outra vez moito movemento", apunta Carmen García, directora de eventos Hotel Oca Puerta del Camino.

Movemento o deles, que apuran o traballo para que mañá sexa unha noite perfecta para darlle a benvida ao 2023.

"Hoxe estamos, pois iso, con planos de mesa, co persoal, as altas", relata Óscar.

"Xa o salón empeza a estar preparado, pero agora estamos cos detalles, preparando todo, recibindo os clientes, preparando todos os detalles de benvida nas habitacións", fala Carmen.

Unha boa parte das reservas son de clientes doutros anos. Moitas parellas, familias e tamén grupos de amigos.

"Notamos máis xente nova, máis grupos de amigos", di Manuel.

Hoteis e restaurantes xa se están cociñando os ingredientes para que a noite sexa moi especial.

"Unha boa orquestra, un bo dúo, unha boa cea e moita festa", conclúe Manuel Vidal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade