Cargando resultados...
Ian Mackay e o Deportivo separan os seus camiños
Disputou un total de 80 partidos co primeiro equipo branco e azul desde a súa incorporación na temporada 2021-22
G24.gal
10/01/2024 11:07
Última actualización 10/01/2024 11:11
Hoxe mércores 10 de xaneiro concluíu a actual etapa de Ian Mackay no R. C. Deportivo logo de disputar un total de 80 partidos co primeiro equipo branco e azul desde a súa incorporación na temporada 2021-22.
Mackay formouse nas categorías inferiores do club desde 2001 até 2007, época en que chegou a debutar co primeiro equipo en varios amigables e un Teresa Herrera.
Despois de dúas temporadas e media, o porteiro realizou na mañá de onte o seu último adestramento co equipo en Abegondo e despedirase hoxe mércores coa lectura dun comunicado na sala de prensa de Riazor ás 14:00 horas.