Publicador de contidos
Publicador de contidos

Identificados os responsables dun atraco con arma branca nun supermercado do Corgo

Identificados os responsables dun atraco con arma branca nun supermercado do Corgo

Ameazaron as empregadas e levaron un botín de 1.800 euros

Os atracadores cumpren xa condena nun centro penitenciario por varios roubos en entidades bancarias e comercios de Lugo e A Coruña

As cámaras de seguridade captaron o momento do atraco
G24.gal 27/08/2024 09:49

A Garda Civil, no marco da operación Mercacorgo, identificou os presuntos autores dun atraco perpetrado no interior dun supermercado situado no municipio lucense do Corgo.

Os feitos tiveron lugar en outubro de 2021, cando dúas persoas accederon, “co rostro cuberto e provistas de armas brancas”, ao interior do establecemento, “ameazando ás empregadas e apoderándose de 1.800 euros do interior das caixas rexistradoras”.

No marco da investigación policial, os axentes da Benemérita localizaron “unha das pezas utilizadas polos atracadores”, da que “se puido extraer ADN” que permitiu identificar aos presuntos autores.

Segundo informaron desde o Instituto Armado, os atracadores “atópanse actualmente cumprindo condena nun centro penal”, como “autores dunha onda de atracos en entidades bancarias e establecementos comerciais” situados nas provincias de Lugo e A Coruña.

A operación policial estivo coordinada polo Xulgado de Instrución nº 3 de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade