Publicador de contidos
Publicador de contidos

Identifican cinco presuntos incendiarios en Asturias e investigan dez máis

Identifican cinco presuntos incendiarios en Asturias e investigan dez máis

O risco de incendios é extremo en 21 concellos asturianos, nove menos que na xornada anterior, pero mantense moi alto nos 57 restantes

G24.gal 10/04/2023 13:19 Última actualización 10/04/2023 20:15

O presidente de Principado, Adrián Barbón, asegurou que se van a cursar cinco denuncias despois de identificar outras tantas persoas como "presuntas culpables e responsables" dalgúns dos incendios rexistrados na comunidade, que viu calcinadas máis de 20.000 hectáreas de terreo nas últimas semanas, segundo as primeiras estimacións.

O xefe do Executivo autonómico engadiu, ademais, que se está traballando noutras liñas de investigación, aínda en fase inicial, que "poderían afectar a outros dez presuntos sospeitosos".

"Só sei os números, non sei ningún dato máis" sobre os sospeitosos de prender lume ao monte, subliñou tras recalcar que é unha cuestión que "vai ser xudicializada".

Tras advertir de que Asturias está a vivir un "atentado" en que "claramente hai unha intencionalidade de provocar dano", o presidente agradeceu o traballo coordinado realizado polos axentes do Seprona e dos efectivos das brigadas de investigación de incendios, que está a derivar en "avances na investigación".

O Goberno asturiano anunciará esta semana, previsiblemente o venres, as tres liñas de axudas que porá en marcha para compensar os danos xerados polos incendios, para reforestar as zonas queimadas e para mellorar a "autodefensa" das vilas.

En Asturias hai seis incendios forestaisque permanecen activos nos montes e trinta máis están sendo revisados, a maioría deles na parte occidental do Principado.

O máis importante é o declarado no concello das Regueras, próximo a Oviedo, que esta fin de semana ameazou catro núcleos de poboación. 

"Estivemos con moito medo porque non contar con isto e de repente que chegue o lume preto da casa, pois mira ti."


"En principio non ían desaloxarnos agás houbese problemas co fume porque realmente o lume non ía chegar aquí."

 

O risco de incendios é extremo en 21 concellos asturianos, nove menos que na xornada anterior, pero mantense moi alto nos 57 restantes.

As autoridades agardan que a caída das temperaturas e as chuvias anunciadas a partir desta tarde favorezan a extinción dos incendios que aínda permanecen activos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade