Igualdade confirma como crime machista o asasinato dunha muller en Chipiona
Igualdade confirma como crime machista o asasinato dunha muller en Chipiona
Trátase da vítima mortal número 38 da violencia de machista en 2023
A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou este venres o crime de natureza machista dunha muller de 63 anos asasinada presuntamente pola súa parella a noite do 23 de agosto en Chipiona.
Trátase da vítima mortal número 38 da violencia de xénero en 2023 e a 1.222 desde 2003, a 13 de Andalucía.
Segundo confirmou a Garda Civil, a parella da muller, un home de 73 anos, foi detido e atópase en dependencias policiais para a instrución de dilixencias, antes de ser ir declara ao xulgado, previsiblmente mañá sábado.
O alcalde de Chipiona, Luís Mario Aparcero, dixo que hai "unha gran sorpresa" na localidade porque é unha familia "moi coñecida" e destacou que a vítima "nunca estivo no protocolo de violencia de xénero".
O Concello da localidade realizou este venres un acto contra a violencia de xénero coma cada día 25 do mes, sen ter aínda a confirmación oficial dos feitos, mentres estaba á espera do informe do forense, despois de que xa se realizou a autopsia á vítima.
O 016 atende todas as vítimas de violencia machista as 24 horas do día e en 52 idiomas diferentes, do mesmo xeito que o correo 016-online@igualdad.gob.es; tamén se presta atención mediante WhatsApp a través do número 600000016, e os menores poden dirixirse ao teléfono da Fundación ANAR 900 20 20 10.
Nunha situación de emerxencia pódese chamar ao 112 ou aos teléfonos de emerxencias da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062) e, cando a chamada é imposible, pódese recorrer á aplicación ALERTCOPS, desde a que se enviará un sinal de alerta á policía con xeolocalización.