Igualdade lanzará unha app para saber cantas horas de traballo doméstico fan as mulleres e os homes
Igualdade lanzará unha app para saber cantas horas de traballo doméstico fan as mulleres e os homes
A aplicación será gratuíta e permitirá rexistrar os coidados prestados máis aló da casa e tarefas "invisibles" que xeran carga mental, como planificar as comidas ou atender emocionalmente os fillos
O Ministerio de Igualdade espera que a súa aplicación para contabilizar as tarefas do fogar que realizan os distintos membros da familia estea lista no verán, segundo avanzou a secretaria de Estado de Igualdade, Ángela Rodríguez.
Esta aplicación que pretende coñecer cantas horas de traballo doméstico levan a cabo as mulleres e cantas os homes. En declaracións posteriores aos medios, a secretaria de Estado puntualizou que esta ferramenta será "moi parecida" ás usadas para repartirse os gastos dunha viaxe, como Tricount ou Splitwise, e animou os futuros usuarios a utilizala tamén con fillos e compañeiros de piso.
A aplicación será gratuíta e terá un "enfoque feminista", polo que permitirá rexistrar os coidados prestados máis aló da casa e tarefas "invisibles" que xeran carga mental, como planificar as comidas ou atender emocionalmente aos fillos.
Segundo un recente informe da Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económico (OCDE), as mulleres en España dedican ás tarefas máis do dobre de horas ca os homes (5 fronte a 2 no caso deles).