Igualdade pide unha reunión urxente con Interior pola repunta de crimes machistas
Igualdade pide unha reunión urxente con Interior pola repunta de crimes machistas
A ministra de Xustiza lembra que só a denuncia garante unha orde de protección
O PP pide a comparecencia no Congreso de Irene Montero e Grande Marlaska
Este decembro negro pola violencia machista pon en alerta o Goberno. O executivo trata de buscar solucións desde diferentes ámbitos.
Esta mañá houbo unha reunión de urxencia da ministra de Xustiza co fiscal xeral do Estado e co presidente do Consello do Poder Xudicial. Buscaron fórmulas para alertar as mulleres que conviven con maltratadores reincidentes do perigo que corren e evitar así novo crimes. A ministra, Pilar Llop lembra que a única garantía para ter unha orde de protección é presentar unha denuncia.
E desde Igualdade, a ministra Montero acaba de pedir unha reunión urxente con Interior. Queren ampliar o sistema de seguimento de vítimas, máis persoal para atención psicolóxica e aumentar as unidades especializadas das forzas de seguridade.
O Partido Popular pediu a comparecencia no Congreso dos dous ministros, Irene Montero e Fernando Grande-Marlaska, para que expliquen o que está pasando. E pídenlle a Irene Montero que abandone a ideoloxía e se poña "a traballar con seriedade":
Para Podemos, os casos de violencia machista son dunha gravidade histórica e recoñece que hai que mellorar a coordinación tanto dentro coma fóra do Goberno. A secretaria de Organización dos morados, Lilith Vestringe, cre que diante da violencia machista fai falla un cambio social e cultural, pero que para iso é fundamental loitar contra os discursos negacionistas de certos sectores.