Publicador de contidos
Publicador de contidos

Igualdade ten os apoios precisos para sacar adiante no Senado a lei trans

Igualdade ten os apoios precisos para sacar adiante no Senado a lei trans

A norma vótase esta tarde na cámara alta

G24.gal 08/02/2023 18:48

A lei trans conta cos apoios necesarios para ser aprobada esta tarde no Senado.

O proxecto de lei trans, que permitirá o cambio de sexo no rexistro desde os 16 anos sen necesidade de tratamentos nin de informes médicos ou psicolóxicos, deberá volver ao Congreso para a súa aprobación definitiva, xa que o Senado introduciu "correccións técnicas" ao texto en tramitación.

Unha delas implica simplemente cambiar nun artigo termo "procedementos" por "procesos". A segunda corrección supón borrar a posibilidade de que os funcionarios poidan solicitar unha excedencia por "violencia intraxénero".

O texto recoñece a vontade da persoa como único requisito para cambiar de sexo no rexistro a partir dos 16 anos. Os menores de entre 16 e 14 anos terán que estar asistidos polos seus pais ou titores, e só será necesaria a intervención dun xuíz para o cambio rexistral cando teñan entre 14 e 12 anos.

A norma foi aprobada no Congreso sen a emenda do PSOE, que pedía que os menores de 16 contasen cunha autorización xudicial para cambiar de sexo no rexistro, proposta que os socialistas non volveron expor na Cámara Alta.

Populares e Vox rexeitan de plano o proxecto de lei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade