Illa defende unha Cataluña sen "bloques nin bandos" e priorizará un goberno en solitario
Illa defende unha Cataluña sen "bloques nin bandos" e priorizará un goberno en solitario
O PSC quere a presidencia do Parlament, pero admite que nas negociacións "hai que ceder"
O exdeputado de ERC, Joan Tardá, pídelle á dirección dos republicanos que permita a investidura de Salvador Illa
Os socialistas xa comezaron a rolda de contactos e plántanse con Puigdemont: "Non imos facilitar a súa investidura nin moito menos"
As negociacións en Cataluña xa están en marcha. Primeiro para elixir a dirección do Parlamento.
Os socialistas aspiran á presidencia, pero non se descarta un xesto a Esquerra. Non sería a primeira vez que renunciaran a este relevante posto. Xa lle cederon este cargo aos republicanos durante os tripartitos de Maragall e Montilla.
Nunha carta á militancia, Salvador Illa defende que Cataluña está en condicións de abrir unha nova etapa sen bandos nin bloques Como primeira opción intentarán un goberno en solitario, pero recoñecen que será complicado.
Os republicanos están en choque. Esquerra é unha polvoreira. Peré Aragonès deu un paso ao lado, pero Oriol Junqueras non contempla facer o mesmo. Nunha carta á militancia postúlase para seguir dirixindo o partido. En fronte, comezan a levantar a voz as correntes críticas que esixen unha profunda renovación da cúpula.
O exdeputado republicano Joan Tardá pídelle ao partido que non bloquee a investidura de Illa. Sería para cortar as veas, di. Nun artigo en prensa defende abrirse ao diálogo co PSC e alerta sobre as consecuencias de retirarse ás cavernas de inverno.
A vía Puigdemont, hoxe por hoxe, perde forza. Os socialistas descártano. Pero Puigdemont intentarao ata o final. Cita os seus novos deputados a unha primeira xuntanza en Francia para definir os seguintes pasos.
O PP segue apuntando a Pedro Sánchez. Considérao único responsable de que o independentismo siga con vida.