Publicador de contidos
Publicador de contidos

Illa comprométese a "unir" os cataláns na toma de posesión como presidente da Generalitat

Illa comprométese a "unir" os cataláns na toma de posesión como presidente da Generalitat

No seu primeiro discurso promete "unir" os cataláns ante o avance de "propostas divisivas" e fronte ao populismo que "pon en perigo a convivencia"

O novo mandatario catalán ultima un goberno de carácter técnico para evitar receos dos seus socios de investidura

Proxecta tamén unha ampla remuda na cúpula dos Mossos, facilitada tras o dispositivo frustrado para a detención de Puigdemont

 

Salvador Illa xa como novo presidente da Generalitat
G24.gal 10/08/2024 11:17 Última actualización 10/08/2024 21:12

Salvador Illa, novo presidente da Generalitat, tomou posesión do seu cargo este sábado ao mediodía no Salón Sant Jordi do Palau. O acto solemne consistiu  na lectura do nomeamento por parte de Josep Rull, presidente do Parlament, e posteriormente Pere Aragonès colocoulle a medalla que acredita ao socialista como president.

Illa pechou o acto cunhas palabras xa como 133 presidente da Generalitat. Comezou o discurso cun agradecemento e recoñecemento a todos os presidentes que o precederon no cargo. 

Promete gobernar "respectando a diversidade" fronte ao populismo que "pon en perigo a unidade civil e a convivencia mesma". O president agradeceulle a Aragonès un traspaso de responsabilidades "exemplar, respectuoso e eficaz" e prometeu gobernar para unha Cataluña diversa.

Tras elas interpretouse Els Segadors, himno de Cataluña, como remae da toma de posesión.

Asistiron ministros de ambos os socios do Goberno, entre eles, a vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero; o ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, Félix Bolaños, a de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant e o ministro de Cultura, Ernest Urtasun.

Illa convértese así no terceiro presidente da Generalitat saído das filas do PSC, despois de Pasqual Maragall (2003-2006) e José Montilla (2006-2010), e pon fin a un ciclo de catorce anos de presidentes soberanistas.

Mentres, todos os ollos seguen postos na reaparición e posterior fuxida do expresidente catalán, Carlos Puigdemont que comunicou o venres pola noite na súa conta oficial de X que está en Waterloo, despois de fuxir o xoves de Barcelona.

Goberno transversal de perfil técnico

Illa presidirá de momento un goberno monocolor de acusado perfil técnico. Dise que a partir do outono podería incorporar algún representante dos comúns. Polo de agora só transcendeu o nome de dous futuros consellers. Alber Dalmau, actual xerente do concello de Barcelona, será conseller de presidencia e Nuria Parlón, alcaldesa  Santa Coloma de Gramanet, estará á fronte do Interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade