Imaxinaria, un festival para todas as posibilidades expresivas da animación
Imaxinaria, un festival para todas as posibilidades expresivas da animación
O I Festival Internacional de Animación Imaxinaria presenta preto de 50 filmes en cinco días de proxeccións
Imaxinaria revisita a obra das creadoras Lotte Reiniger e Isabel Herguera
Preto de 50 películas de animación de 21 países compiten desde este mércores na sección oficial do festival Imaxinaria. É a primeira edición deste festival impulsado por Afundación e codirixido pola xestora cultural Matilde Rodríguez e o debuxante e realizador Alberto Vázquez.
O Festival Internacional de Animación Imaxinaria, que se desenvolve na Coruña ata o 14 de maio, revisita a obra das creadoras Lotte Reiniger, pioneira da animación e autora da longametraxe máis antiga que se conserva, e a realizadora vasca Isabel Herguera que recibirá o premio Activismo na animación.
A programación estrutúrase arredor dunha sección de curtametraxes internacionais a concurso, focos temáticos e unha selección de longametraxes destacadas entre as que se proxectarán Unicorn Wars ou A tartaruga vermella.