Cargando resultados...
Impacto ambiental favorable para a fábrica de pneumáticos das Pontes
Impacto ambiental favorable para a fábrica de pneumáticos das Pontes
Ao proxecto da chinesa Sentury Tire só lle queda a autorización administrativa e a de construción
A planta terá unha capacidade de produción de 12 millóns de pneumáticos ao ano
G24.gal
26/10/2023 20:37
Última actualización 26/10/2023 20:58
O proxecto da fábrica de pneumáticos Sentury Tire nas Pontes dá un paso máis. O grupo chinés que vai construír a factoría acaba de obter da Consellería de Medio Ambiente a declaración de impacto ambiental favorable.
Tras este trámite, só lle queda a autorización administrativa e de construción para botar a andar a fábrica na parroquia de Espiñaredo. A planta terá unha capacidade de produción de 12 millóns de pneumáticos ao ano.