Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 44.000 persoas fan accións de voluntariado en Galicia

Máis de 44.000 persoas fan accións de voluntariado en Galicia

Hai máis dun milleiro de entidades de acción voluntaria no noso territorio

Domingos Antón García Fernández, voluntario cultural
G24.gal 30/01/2022 11:19

Galicia é unha comunidade referente no eido do voluntariado. Hai máis dun milleiro de entidades de acción voluntaria no noso territorio e máis de 44.000 persoas asociadas a estas entidades.

O Goberno galego pon en marcha cada ano tres liñas de axudas e sela as experiencias cun certificado oficial nos diferentes ámbitos.  

Voluntario cultural

Domingos Antón García Fernández leva trece anos xubilado. Este mestre de filosofía do Instituto Valle Inclán de Pontevedra dedica agora parte do seu tempo a impartir conferencias e cursos na biblioteca pública da cidade do Lérez e faino como voluntario.

O curso que imparte este ano é sobre o pensamento do século XXI. Son dúas horas á semana e ás súas conferencias asisten persoas de todas as idades e de diferentes sectores profesionais. 

Esa é precisamente a filosofía de vida que o animou a seguir activo tras a xubilación. Brindar parte do seu tempo aos demais é para Domingos moi enriquecedor e considera que o traballo do voluntariado é fundamental. 

Pablo Astray Rodríguez, voluntario educativo

Voluntariado educativo

Pablo Astray Rodríguez estuda o ciclo medio de repostería e confeitaría no CIFP Paseo das Pontes da Coruña. O centro impulsou o proxecto Paseolidarios, unha iniciativa na que os coñecementos que adquire o alumnado durante o curso se pon ao servizo dalgunha causa social.

Pablo, por exemplo, exercerá de mestre reposteiro a próxima primavera nun taller dirixido a persoas en situación de vulnerabilidade.

No Paseo das Pontes xa organizaron hai uns meses un mercado para recadar fondos destinados a varias asociacións e colectivos da cidade. Para Pablo o voluntariado non é unha novidade. Hai anos que cede o seu tempo para axudar a outras persoas.

Tamén colaborará no desfile solidario que preparan os seus compañeiros do ciclo formativo de téxtil en colaboración con outros centros da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade