Publicador de contidos
Publicador de contidos

Imputan o xefe de estación grego polo accidente ferroviario do martes

Imputan o xefe de estación grego polo accidente ferroviario do martes

Os forenses elevan a 57 a cifra de mortos

Os traballadores, en folga pola falta de sistemas de seguridade

Antón Montero 02/03/2023 17:36 Última actualización 02/03/2023 20:14

Xa son 57 os mortos no accidente ferroviario de Grecia. Os forenses actualizaron a cifra cos novos restos atopados entre a ferralla dos dous trens que chocaron este martes.

O fiscal de Larisa imputou por homicidio neglixente ao xefe de estación desta localidade, suposto responsable do fatídica coincidencia dos convois na mesma vía.

Un voceiro do Goberno admitiu que os sistemas de seguridade non funcionaban no treito do sinistro. Os traballadores ferroviarios gregos convocaron un paro de 24 horas para protestar pola precariedade da rede de ferrocarrís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade