Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comisan 779 quilos de sardiña nun pesqueiro en Ribeira que superaba o límite de capturas

Comisan 779 quilos de sardiña nun pesqueiro en Ribeira que superaba o límite de capturas

Os axentes entregaron o exceso de sardiña a un centro benéfico

G24.gal 05/05/2024 12:11 Última actualización 05/05/2024 12:28

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña comisou 779 quilogramos de sardiña no porto de Ribeira procedentes dun pesqueiro que superaba o peso máximo de capturas permitido.

A unidade realizaba un servizo na zona do porto da localidade cando observaron o atraque da embarcación. Procederon a realizar unha inspección das capturas que levaba a bordo e comprobaron que tiña un rexistro por un total de 2.500 quilos, o máximo permitido para este tipo de barco.

Unha vez realizada a descarga os axentes comprobaron que en realidade transportaba 3.279 quilogramos, polo que había un exceso de 779 quilos de capturas. Levantaron entón as pertinentes actas de denuncia por infracción da lei de Pesca de Galicia e procederon á incautación da mercadoría de exceso.

A Garda Civil entregou as sardiñas requisadas a un centro benéfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade