Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comisan armas dun comercio de segunda man na Coruña por carecer de autorización para a súa venda

Comisan armas dun comercio de segunda man na Coruña por carecer de autorización para a súa venda

Como non se acreditaron as autorizacións correspondentes, procederon á aprehensión das  armas

G24.gal 19/11/2021 11:25

A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil da Coruña incautouse de varias armas nun local comercial de segunda man situado na cidade herculina ao carecer de autorización para a súa venda.

Durante unha inspección, os axentes observaron no escaparate unha carabina marca GAMO modelo Shadow 1000 de calibre 4,5 mm, nas paredes do local catro arcos de madeira, 14 frechas de madeira con punta metálica, 13 frechas de bambú con puntas metálicas, unha reprodución dun revolver Colt 45 e un rifle reprodución Winchester 73.

Tras ver as armas, preguntaron ao empregado do local se foran postas en coñecemento da Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil, por dedicarse á comercialización de armas accionadas por aire ou outro gas comprimida, comprendidas na 4ª categoría.

Como non puido acreditar as autorizacións correspondentes, procederon á aprehensión das  armas para o seu depósito en dependencias da Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil da Coruña, así como a realización dunha acta denuncia por estes feitos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade