Incendio nunha vivenda en Vigo
Incendio nunha vivenda en Vigo
Unha muller tivo que ser atendida por inhalación de fume
Segundo as primeiras investigacións, o lume prendeu nun colchón
En Vigo unha muller tivo que ser atendida polos equipos de urxencia por mor dun incendio que se orixinou nun cuarto da súa casa da rúa Mantelas.
Ata alí desprazouse unha dotación de bombeiros para poder sufocar as lapas que comezaron nun colchón da vivenda onde estaba durmindo a inquilina. A muller puido saír polo seu propio pé pero tivo que ser atendida por persoal sanitario por inhalación de fume. Foi trasladada a Povisa.
Na casa, de dous andares, tamén quedou inaccesible a primeira planta, en que vivía unha familia que tivo que ser desaloxada. Os bombeiros tardaron algo máis dunha hora en apagar o lume, que xerou unha importante columna de fume.