Incendios históricos nas serras orientais de Lugo
Incendios históricos nas serras orientais de Lugo
Arderon unhas 5.000 hectáreas de monte e foron desaloxados centos de veciños
Continúan activos os incendios forestais que ameazan varios núcleos de poboación nas serras orientais da provincia de Lugo. Das máis de 9.000 hectáreas de monte calcinadas en toda Galicia, unhas 5.000 corresponden a esta zona.
O concello máis afectado, cunhas 4.000 hectáreas arrasadas, é Folgoso do Courel, onde foron desaloxados centos de veciños. Boa parte corresponden ás parroquias de Seceda e de Vilamor e á propia capitalidade. Os residentes evacuados foron realoxados en diversos puntos, como é o caso dun pavillón en Triacastela.
Nunca antes houbera incendios forestais con tantos desaloxos, o que dá idea da devastación destes incendios. Malia a loita de ducias de brigadas, de motobombas e de medios aéreos, a aldea de Vilar, na parroquia de Folgoso, quedou arrasada polas lapas, igual que parte das vivendas na parroquia de Vilamor.
O segundo concello máis afectado polos incendios na provincia de Lugo é A Pobra do Brollón. Arderon preto de mil hectáreas, e un cento de veciños de Salcedo e de Saa tiveron que ser desaloxados dos seus fogares.