Publicador de contidos
Publicador de contidos

Incerteza nas academias pola fin da recuperación en setembro

Incerteza nas academias pola fin da recuperación en setembro

Parte do sector sinala que pechar tres meses non é viable

Algunhas estudan xa reorientar a súa actividade

G24.gal 02/05/2022 14:18

Sen recuperacións en setembro para ESO e bacharelato, as academias perden unha das súas principais fontes de ingreso para os meses de verán.

Carlos Salgado, director dunha academia en Vigo, explica que manter un centro coma o seu tres meses pechado supón "un problema para o empresario e os traballadores".

Algúns consideran que a medida é positiva para que os estudantes poidan descansar e retomar o curso con ilusión. Buscan xa alternativas para ocupar eses meses. É o caso doutra directora, María Paz Alonso Rodríguez, que sinala que todos "os alumnos teñen dereito ao descanso", aínda que lamenta que a decisión "se tomase xa co curso empezado". Di que haberá traballo se queren abrir no verán e matiza que "é cuestión de resituarse".

Parte do sector estima que as academias que non sexan capaces de reorientar a súa actividade terán que pechar. Ademais do encarecemento das subministracións para manter abertas as instalacións, apuntan que tamén notan como nais e pais teñen cada vez máis dificultades para pagar este tipo de clases.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade