Publicador de contidos
Publicador de contidos

Incidentes coas bólas e disfraces extravagantes son algunhas das anécdotas do sorteo da lotaría de Nadal

Incidentes coas bólas e disfraces extravagantes son algunhas das anécdotas do sorteo da lotaría de Nadal

Os asistentes tiveron que pasar unha horas e mesmo días facendo cola para entrar no auditorio do teatro

G24.gal 22/12/2023 16:09

Non hai sorteo do Gordo sen as súas anécdotas, e este ano non podía ser menos. Unha bóla escapou e a panca do bombo atrancouse en varias ocasións. Todo sen repercusión ningunha no sorteo, que, coma sempre, contou no Teatro Real coa asistencia dun público entregado e con moitas ganas de pasalo ben.

Pasa moitas veces e esta mañá tamén. Unha bóla que cae, un momento de tensión, unhas nenas de San Ildefonso reaccionando impecablemente e un público que as ovaciona. Foi unha das anécdotas da xornada, animada coma sempre por unha concorrencia no Teatro Real que compite pola extravagancia nos disfraces.

"Veño de soldadiño de chumbo".

"Somos os gardiáns da lotaría".

"Vin de bruxo, de limoeiro, de limón, de noiva co meu socio".

E hainos que se meten con moito entusiasmo no papel.

"Hoxe repártese sorte, alegría e lle chega á xente máis necesitada. E o Quixote ten que estar aquí nesta batalla".

Todos tiveron que pasar unha morea de horas, mesmo días facendo cola, para entrar no auditorio do teatro. E débelles pagar a pena, porque son bastantes os que repiten. A veterana, Doña Manoli, vestida de cesta de Nadal.

"Dende que se inaugurou o Teatro Real".

"É o terceiro ano, porque ademais o disfrace é quentiño e é unha marabilla".

"Son xa dezaseis anos".

"É a nosa terceira vez e é unha experiencia moi bonita que non se vive en calquera casa".

Sexa por tradición ou por entusiamo loteiro, o certo é que estes personaxes parecen xa case imprescindibles no sorteo do Nadal. Que a sorte os bendiga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade