Publicador de contidos
Publicador de contidos

Increméntase o alugueiro por meses para eludir a lei de vivenda

Increméntase o alugueiro por meses para eludir a lei de vivenda

O temor aos impagos e as dificultades para o desafiuzamento incrementan os contratos temporais

Eludir o tope á suba da renda é outro dos motivos polos que medrou esta modalidade  

G24.gal 23/08/2023 14:55

Os alugueiros por meses foron incrementándose cada vez máis dende a entrada en vigor da nova lei de vivenda. Os propietarios temen a morosidade. 

Os donos de pisos intentan eludir algunhas das obrigas da norma. Contratan por debaixo do ano completo para evitar a renovación automática.

Outro dos motivos é que a nova lei contempla medidas que dificultan os desafiuzamentos. Ademais eluden o futuro tope á suba das rendas. Pola contra con este tipo de alugueiros os propietarios perden deducións fiscais. Algúns seguen optando polo contrato normal.  

As garantías nos contratos temporais son as mesmas que nos tradicionais pero os inquilinos teñen menos protección xa que poden ser desafiuzados con maior rapidez e o alugueiro adoita ser máis caro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade