Publicador de contidos
Publicador de contidos

Increméntase a cota para visitar as Cíes no primeiro día da tempada alta

Increméntase a cota para visitar as Cíes no primeiro día da tempada alta

Ata 1.800 persoas poden desprazarse ao arquipélago por xornada

G24.gal 15/05/2022 14:24 Última actualización 15/05/2022 14:45

O mal tempo non frea as ganas de visitar as illas Cíes. Para estes días, coincidindo coa festividade das Letras e a ponte de Santo Cidre en Madrid, hai máis de 1.200 reservas para visitar o parque natural.

A choiva non disuade os oitocentos pasaxeiros que se rexistraron para viaxar este domingo ás Cíes. Con mochilas e paraugas achegáronse ao peirao de pasaxe neste primeiro día de temporada alta en que sobe ata 1.800 o número de persoas que poden ir ao arquipélago.

Apenas hai galegos nas ringleiras para embarcar. Cada ano increméntase o número de visitantes. A previsión para este ano é de 300.000, 4.000 máis que no anterior á pandemia, 2019.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade