Cargando resultados...
Os xabarís adéntranse na zona urbana no concello de Boiro
Os xabarís adéntranse na zona urbana no concello de Boiro
Aseguran os veciños que teñen visto ata nove animais xuntos preto das casas
Catro xabarís irrompen na estrada do Saltiño a todo correr esta semana cando aínda non era noite
G24.gal
11/05/2023 13:37
En Boiro, en concreto no Saltiño, a presenza de xabarís dá moito que falar entre a veciñanza. Nun vídeo cedido vese como catro exemplares irrompen a todo correr na estrada principal que atravesa este lugar da parroquia de Abanqueiro.
E fano sen agardar a chegada da noite. Din alí que teñen visto onda as casas ata nove animais xuntos.
A pegada de que fozan nas leiras está borrada polos traballos de preparación dos terreos para botar o millo e poñer en marcha outros cultivos. Un traballo que fan coa esperanza de que os porcos bravos non entren a estragalo, aínda que a repetida imaxe da súa presenza supón unha ameaza grande.