Indignados en Ferrol tras saber do permiso penitenciario concedido ao falso médico Coté
Indignados en Ferrol tras saber do permiso penitenciario concedido ao falso médico Coté
As vítimas exploran todas as vías para opoñerse a futuros permisos
Condenado a seis anos de cadea e a indemnizar as súas vítimas con 3,3 millóns de euros por intrusismo, lesións e estafa, José Manuel López Pérez, máis coñecido como Coté, xa puido gozar do seu primeiro permiso penitenciario. Foi a pasada fin de semana tras cumprir un terzo do seu castigo.
As vítimas, indignadas, critican tamén a falta de empatía tanto por parte do xuíz como do fiscal por non telos en conta.
Agora, desde a asociación de afectados exploran todas as posibilidades para opoñerse a futuros permisos penitenciarios porque din que Coté non os merece.
"Segundo os informes que temos non houbo ningún tipo de arrepentimento nin perdón", comenta Esther Fontán, a presidenta da asociación de afectados de instrusismo.
Esther lembra que son 150 as vítimas que se peroraron nos disitintos procedementos, pero asegura que polas clínicas do falso médico ferrolán pasaron milleiros de persoas.