Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inés Rey anuncia o compromio de Transportes de ampliar Alfonso Molina e a cuarta ronda

Inés Rey anuncia o compromio de Transportes de ampliar Alfonso Molina e a cuarta ronda

A ministra e a alcaldesa volverán reunirse dentro dun mes para concretar o compromiso

G24.gal 07/09/2022 16:02

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anuncia que a ministra de Transportes, Raquel Sánchez, se comprometeu este mércores a incluír nos orzamentos xerais do Estado de 2023 a ampliación da avenida Alfonso Molina e a cuarta ronda, que conectará os polígonos empresariais e o porto exterior.

“Transmitinlle á ministra a necesidade de impulsar a ampliación de Alfonso Molina e a cuarta rolda, dúas infraestruturas que levan moitos anos de atraso, pendentes de proxecto, licitación e en definitiva de saír adiante, e que son importantísimas para a mobilidade” na cidade, sinalou Inés Rey.

A alcaldesa destacou a boa acollida da súa iniciativa por parte da ministra e anunciou que ambas concretarán o compromiso por parte do Ministerio e o seu reflexo nos orzamentos xerais do Estado de 2023 nun encontro que celebrarán dentro dun mes e en Coruña.

Rey agradeceu á ministra que compartira a súa idea de que é necesario que as dúas infraestruturas citadas saian adiante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade