Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ingresa en prisión o detido por queimar tres coches nunha empresa da Lavacolla

Ingresa en prisión o detido por queimar tres coches nunha empresa da Lavacolla

O home, de 40 anos, está a ser investigado polos delitos de incendio, lesións e furto

G24.gal 13/04/2024 14:14 Última actualización 13/04/2024 14:26

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido por queimar tres coches nunha empresa da Lavacolla este xoves.

O home, que conta con antecedentes policiais e unha orde de afastamento da súa dona, está a ser investigado por delitos de incendio, lesións e furto.

Segundo a empresa de alugueiro de coches no que tiveron lugar os feitos, entrou no establecemento e sen mediar palabra comezou a labazadas cos tres empregados. Dous deles necesitaron asistencia hospitalaria. Despois, queimou tres vehículos con gasolina.

Ao parecer, reaccionou deste xeito porque querían cobrarlle 30 euros de sobrecargo ao entregar o coche cun día de atraso. Cando o mesmo xoves foi detido, intentou resistirse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade