Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ingresa en prisión tras ser detido en Ferrol con dous quilogramos de cocaína

Ingresa en prisión tras ser detido en Ferrol con dous quilogramos de cocaína

A droga ía oculta baixo un asento dun vehículo, e os investigadores sospeitan que o arrestado se dedicaba a transportar droga desde Madrid

G24.gal 14/09/2023 09:42

Un home ingresou en prisión por orde xudicial tras ser detido en Ferrol o 1 de setembro por axentes da Policía Nacional cando transportaba dous quilogramos de cocaína.

O apresamento produciuse froito da colaboración entre efectivos da comisaría de Ferrol-Narón e da Brigada Central de Estupefacientes (UDYCO), que identificou a este home que investigaba por se podería dedicarse a trasladar substancias estupefacientes desde Madrid a Ferrol.

Foi desta maneira como xa na cidade naval se procedeu ao rexistro do vehículo que conducía e se localizaron dous paquetes dun quilogramo cada un ocultos baixo o asento do copiloto. Unha vez analizados, puido constatarse que se trataba de cocaína. Os paquetes estaban identificados co logotipo dunha coñecida marca de moda.

Segundo a Policía Nacional, coa cantidade de que se incautaron poderían obterse e poñer á venda máis de 10.000 doses desa droga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade