Publicador de contidos
Publicador de contidos

Íñigo Vélez, cuarto adestrador da temporada do Lugo

Íñigo Vélez, cuarto adestrador da temporada do Lugo

Substitúe a Joan Carrillo que só durou cinco xornadas

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 07/03/2023 17:08 Última actualización 07/03/2023 17:15

O Lugo xa ten substituto para Joan Carrillo. Trátase de Íñigo Vélez, cuarto adestrador da temporada. O club anunciouno con este comunicado:

O C. D. Lugo e Íñigo Vélez de Mendizábal chegaron a un acordo para a incorporación do técnico á disciplina do club amurallado. Vélez (Vitoria, 15-3-82) chega ao Anxo Carro como un dos adestradores novos a destacar no panorama nacional das últimas tempadas. Conseguiu o histórico ascenso coa SD Amorebieta a LaLigaSmartbank na tempada 2020-21, e tamén atesoura unha traxectoria notable como futbolista en conxuntos como S. D. Eibar, Athletic Club de Bilbao ou C. D. Numancia, entre outros.

Un técnico preparado e novo, con importantes logros en campañas recentes, e que chega a Lugo para acometer o reto da permanencia na categoría de prata do fútbol español. O novo adestrador dirixirá mañá a súa primeira sesión no Ceao, en horario de mañá, e será presentado ante os medios de comunicación tras a mesma, en horario aínda por determinar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos