Publicador de contidos
Publicador de contidos

Íñigo Vélez ve ante a Ponferradina unha oportunidade para reivindicarse

Íñigo Vélez ve ante a Ponferradina unha oportunidade para reivindicarse

O Lugo busca a primeira vitoria en 2023

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 31/03/2023 14:13 Última actualización 31/03/2023 14:23

Íñigo Vélez, adestrador do Lugo, destacou este venres a calidade da Ponferradina, equipo ao que recibirá o domingo no Anxo Carro, e advertiu de que para o seu equipo, pechacancelas da Liga SmartBank, é "outra oportunidade" para reivindicarse e liberar tensión despois de non gañar no que vai de 2023: 

"Analizamos a Ponferradina, coñecémola moi ben, ten moitísima calidade de mediocampo para arriba. Xogou con diferentes sistemas, é un equipo con bos xogadores aos que non lles están saíndo as cousas como prevían e para nós é outra oportunidade para poder reivindicarnos e gañar", comentou nunha rolda de prensa.

O técnico, que afrontará o seu cuarto partido no equipo, valorou que os xogadores "traballan ben" e fixeron "bos partidos":

"En Cartaxena -onde sufriu a súa primeira derrota- puidemos estar mellor, pero non lle perdemos a cara ao encontro, e a nivel emocional, de cabeza, é importante gañar para que se liberen un pouco máis os xogadores e teñan a sensación de que o traballo que fan ten a súa recompensa", declarou.

Pide o apoio do Anxo Carro:

"Necesitamos o campo con moita xente, e que vexan que deixamos a pel por gañar".

O preparador vasco explicou que o equipo "cre" na proposta coa que desembarcou no equipo aínda que a vitoria non chegase: 

"A nivel emocional moitas veces gañar xogando mal sérveche máis, pero aí está o labor do adestrador, a de intentar que o equipo siga crendo e vexa unha oportunidade de gañar os tres puntos. Oxalá sexa este domingo", valorou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos