Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inseguridade e sucidade por dous coches abandonados en Vigo

Inseguridade e sucidade por dous coches abandonados en Vigo

Os vehículos levan xa moitos meses, incluso anos, sen moverse

Nas últimas horas a un deles roubáronlle as rodas. Os veciños e veciñas temen un aumento da delincuencia na zona, e piden a súa retirada 

G24.gal 18/07/2024 14:18

Esta rúa sen saída en Bouzas é utilizada por moitos condutores para aparcar os seus vehículos. Pero hai dous coches en concreto que acumulan meses e incluso anos sen moverse. Falamos cunha veciña desta rúa chamada Irene.

"Dous anos leva aquí. E el díxolle a policía que levaba quince días ou vinte. Iso é mentira."

Chamaron a policía, porque nos últimos días un dos coches apareceu sen rodas. E ese vehículo é dun veciño da zona que non atende as peticións dos veciños Isabel e María.

"Dixémoslle moitas veces que o quitara e denunciamos a policía para ver se os podían quitar. Pero polo demais... alá el coa súa vida. Di que os vai arranxar, pasan meses e meses e non arranxa nada".

"Quero deixar claro que isto non é nada dos veciños xa que aquí só vive xente maior e non os vexo desmontando rodas."

Quéixanse de sucidade e tamén de inseguridade. Temen que o abandono destes coches traia consigo unha maior delincuencia.

"Toda a merda debaixo porque non poden varrer os operarios municipais porque como non moven os coches e mesmo algunhas veces saíu algún rato que outro porque isto é unha porcallada.

Eu chamei a policía porque vin que lle faltaban as rodas porque iso xera inseguridade. Se viñeron un día pola noite.

Eu sintoo por el, pero ten que buscar unha solución e, claro, bótanos as culpa aos veciños."

A Televisión de Galicia tentou contactar sen éxito cun dos implicados para coñecer a súa versión, xa que a ordenanza municipal impide que un vehículo poida estar máis de 48 horas estacionado no mesmo lugar. Do contrario, terá que ser intervido se hai probas suficientes do seu abandono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos