Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inspeccionan ao detalle 13 viadutos similares ao do Castro derrubado na A-6

Inspeccionan ao detalle 13 viadutos similares ao do Castro derrubado na A-6

A análise das pontes pasa por inspeccións visuais, caracterización do sistema de pretensado e da caracterización do formigón

G24.gal 01/02/2023 11:54

Persoal do Ministerio de Transportes están a efectuar inspeccións en trece viadutos de estradas que contan coa mesma tipoloxía e procedemento construtivo que o do Castro da autovía A-6, que se derrubou parcialmente en xuño.

O Ministerio quere "analizar o seu estado co maior grao de detalle posible". Segundo detalla o Goberno nunha resposta a unha pregunta presentada por Vox no Congreso, esa inspección especial consta dunha parte visual detallada por parte de enxeñeiros especializados de todos os elementos da ponte incluíndo o interior das vigas caixón.

Tamén inclúe a caracterización do sistema de pretensado mediante técnicas de apertura de vainas, retirada da leitada protectora e inspección dos cables nas zonas onde os ensaios non destrutivos mostrasen anomalías.

Finalmente, estudarán a caracterización do formigón mediante a análise do contido de cloruros e da profundidade da carbonatación.

De maneira simultánea ás inspeccións, nos correspondentes contratos de servizos de conservación integral, tentan mellorar o sistema de drenaxe das estruturas para evitar a entrada de auga no seu interior.

No mes de novembro pasado o Ministerio publicou un informe sobre a inspección do viaduto do Castro que aflorou unha gran deterioración dos cables ante a ausencia dun sistema eficaz de impermeabilización ao constatar unha degradación dos cables pola filtración de augas con sales fundentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade