Publicador de contidos
Publicador de contidos

Intensa actividade nos aeroportos: uns regresan e outros marchan de vacacións

Intensa actividade nos aeroportos: uns regresan e outros marchan de vacacións

Nos tres aeroportos galegos hai programadas este sábado un total de 126 operacións, entre os voos de saída e os de chegada

G24.gal 02/09/2023 14:10 Última actualización 02/09/2023 14:31

Xornada de moita actividade nos aeroportos galegos. Mentres uns rematan as vacacións e volven á rutina, outros comezan ou continúan en setembro o seu período de descanso.

"Faime falta a miña rutina xa, a túa casa e as túas cousas, aínda que á semana xa direi 'quero máis vacacións', pero é o que hai", "volvo ao meu lugar de traballo, con moita ilusión, con moitas ganas e coas baterías moi cargadas", "aínda me queda marchar a Palma e aproveitar unha semana coa miña nai e volvo a traballar o luns 11 en Suíza", "imos a Madrid tres días e á volta xa ao traballo... ben eu son unha persoa de rutinas e non me importa", comentan algúns pasaxeiros.

Uns regresan con ganas ao traballo e coas pilas ben cargadas, mentres outros xa contan os días para a vindeira escapada vacacional.

"Comezamos todo con normalidade, os nenos ao cole, os papás a traballar", "volvemos á casa, moi cansas despois de 120 quilómetros andando, pero mereceu moito a pena e esperando a vindeira escapada, isto é así, hai que traballar para poder saír por aí", din algúns viaxeiros.

Entre os tres aeroportos galegos hai programadas este sábado un total de 126 operacións, entre os voos de saída e os de chegada. Nesta xornada no aeroporto da Coruña hai 21 operacións, no de Vigo son 29 e no Rosalía de Castro en Santiago son un total de 76 voos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade