Publicador de contidos
Publicador de contidos

Intenta pagar con billetes falsos de 50 euros en dous establecementos de Santiago

Intenta pagar con billetes falsos de 50 euros en dous establecementos de Santiago

A empregada dun dos locais avisou o resto de establecementos e chamou a policía, permitindo a detención do individuo

 

G24.gal 05/03/2024 15:48

A Policía Nacional detivo en Santiago un home por falsificación de moeda. O detido intentou pagar cun billete de 50 euros falso en dous establecementos hostaleiros.

A rápida actuación da empregada dun dos locais, ao chamar a policía e avisar o resto dos establecementos, permitiu a detención do individuo. 

O arrestado xa é coñecido polas forzas e corpos de seguridade da capital galega, pero desta volta os axentes puideron pillalo na allada.

O detido entrou, pediu un café e pagou cun billete de 50 euros, pero a camareira comprobou a súa autenticidade cun rotulador detector de billetes falsos e ao dicirlle que non era legal o individuo entregoulle outro billete de 50.  

Nese intre saíu do local e ao ver que se dirixía cara a outro establecemento chamaron a Policía Nacional e tamén avisaron o bar ao que se dirixía o delincuente, situado a escasos metros, e aí volveu repetir o mesmo procedemento.

Ao final ao detido comisáronlle 7 billetes de 50 euros falsos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade