Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os ocupantes do narcopiso desaloxado en Monte Alto tratan de ocupar outra vivenda

Os ocupantes do narcopiso desaloxado en Monte Alto tratan de ocupar outra vivenda

G24.gal 07/02/2024 14:17

Esta mañá na rúa Washington en Monte Alto todo era caras de ledicia e de alivio. Alegría porque a presión veciñal de onte deu os seus froitos e alivio porque contra as dúas e media da mañá os dous ocupas que quedaban no interior desta narcovivenda abandonábana voluntariamente.

Unhas veciñas da zona din que é unha tranquilidade saber que xa non están e que esperan que non haxa represalias. Apuntan que nos anos oitenta tamén había moitos toxicómanos na zona pero que non atracaban á xente nin roubaban nos comercios da zona.

Unha alegría que comezou a torcerse contra as once e media da mañá, cando volveu aflorar a tensión entre os veciños que estaban na perolada de onte e os que non querían tanto rebumbio no barrio. Durante toda a noite e gran parte da mañá varias patrullas da policía fixeron quendas para custodiar a entrada do inmoble ata que chegou a autorización para tapiala.

O obxectivo era que non volvesen entrar, pero os mesmos ocupas da rúa Washington xa puxeran o ollo nestoutra vivenda situada a escasos 400 metros. Afortunadamente a Policía Local actuou con rapidez e puideron desaloxar as seis persoas que había no interior. 

Non foi a única tentativa de ocupación que conseguiron desbaratar. A propia policía aseguraba que no momento en que son desaloxados xa están buscando outra vivenda pola zona. Semella que o problema dos narcopisos non ten fácil solución en Monte Alto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade