Interceptada unha condutora ebria en sentido contrario na A-52
Interceptada unha condutora ebria en sentido contrario na A-52
Quintuplicaba a taxa máxima permitida de alcol
Circulou 14 quilómetros en sentido contrario á altura de Riós
Unha muller ebria foi interceptada nun tramo da autovía A-52 tras circular co vehículo que conducía por uns 14 quilómetros en sentido contrario, segundo informou este luns a Garda Civil.
A condutora recibiu a orde de deterse por parte dos axentes á altura da localidade ourensá de Verín cara ás 02:00 horas da madrugada do pasado mércores despois de circular en sentido contrario por un tramo da zona de Riós. A muller presentaba síntomas de estar desorientada e manifestou aos axentes que non se decatou da súa condución anómala nin sabía o lugar exacto do seu acceso á vía.
Ao ser sometida a probas de alcol e drogas, os axentes constataron que presentaba taxas de 1,29 e 1,32 gramos de alcol por litro de aire expirado, moi por encima dos 0,25 gramos legalmente permitidos.
Fontes do citado corpo policial destacaron que o escaso tráfico de vehículos a esa hora da madrugada por ese tramo da A-52 e a rápida intervención dos axentes permitiu evitar posibles accidentes.
A muller enfróntase agora á privación do dereito a conducir por un período dun a seis anos e a unha posible pena de seis a dous anos de prisión.